Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.
Domicilio social: A Igrexa, 14 baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: L.M.T. e C.T. Ponte 4.
Situación: Ponte Caldelas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 468 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o C.T. Ponte 3 ata o C.T. que se proxecta en Ponte 4, concello de Ponte Caldelas. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV/400 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 8 de maio de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra