Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de maio de 2000, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan comprobación de valores pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Urgasa e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobación de valores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 52, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 Ent., Ourense, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 12 de maio de 2000.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Urgasa.

A15020704.

Capitán Haya, 16-1, Madrid.

Procedemento: comprobación valores.

Exp. 2718/1991.

Liq. 600100808315.

Interesado: Rafael Orteso Travesedo.

DNI: 50832362.

López de Hoyos, 188, 2º E, Madrid.

Procedemento: comprobación valores.

Exp. 6478/1997.

Liq. 600702520273.