Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.841

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 031 (restaurador/a) do grupo II (lista B), que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 21 de marzo de 2000 (DOG nº 63, do 30 de marzo),

pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 031 (restaurador/a) do grupo II (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 18 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo II categoría 031 (res

taurador/a) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

Grupo II: 6.580 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo II. Categoría 31.

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

32.658.978Castro OrosaEva00000000

36.075.399Conde ÁlvarezAlberto Santiago0000,65100,750,062,46

35.311.626Feijóo LamasLeoncio15,00000,21,50,75017,475

76.619.415Fernández FortesMarina Inmaculada00000,21,50,7502,45

36.132.997Fernández RequejoJorge00000000

52.457.059Fernández RequejoMaría Magdalena04,05000,800,7505,6

33.294.980Íñiguez PichelMaría Beatriz000001,50,7502,25

32.291.056Menéndez MonteroCarmen000001,50,502

34.896.357Roncero CorreaArancha00000000

33.267.026Suárez RegueiroMiguel5,200001,50,7507,45

32.840.829Torre CastroComba00000000