Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.840

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 054 (ETAR (especialista en tratamentos de asistencia rehabilitadora)) do grupo III (lista B), que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 8 de marzo de 2000 (DOG nº 54, do 17 de marzo), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 054 (ETAR (especialista en tratamentos de asistencia rehabilitadora)) do grupo III (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 18 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo III categoría 054 (ETAR (especialista en tratamentos de asistencia rehabilitadora)) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da

Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

Grupo III: 5.640 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo III. Categoría 54.

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

34.261.425Aira MartínezMónica00000,400,7501,15

76.623.081Lemos GonzálezSilvia0000000,7500,75

36.150.193Quirós TouzaPurificación0000000,750,841,59

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

34.257.374Rubal FernándezAna Mª00000,200,7500,95

34.265.692Campo LópezMaría Luisa0000000,750,721,47