Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A. (código de convenio nº 8200342), que se suscribiu na data do 1 de marzo de 2000, entre a representación da empresa e a representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Leyma, Alimentos de Galicia, S.A.

Convenio colectivo anos 1999, 2000 e 2001

TÍTULO I

Disposicións xerais

Capítulo I

Extensión e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio aplicarase nos centros de traballo de Leyma, Alimentos de Galicia, S.A., ou calquera outro que no sucesivo se estableza no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores adscritos a esta empresa, tanto con carácter fixo como eventual.

Nembargante, para efectos salariais e de xornada, queda excluído do ámbito de aplicación o persoal directivo, entendendo por tal os directores, subdirectores, xefes de sección e delegados comerciais de zona. A dirección da empresa fixará os incentivos do persoal comercial.

Todo o persoal obrigado por este convenio ten o deber de cumprilo e de esixi-lo seu cumprimento.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Con excepción dos artigos en que expresamente se estableza outra cousa, o presente convenio considérase en vigor ata o 31 de decembro de 2001, e prorrogarase de ano en ano, salvo o disposto no artigo seguinte.

A súa aplicación será inmediata á sinatura del, sexa cal fose a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá formular denuncia, propoñendo a súa revisión ou rescisión cunha antelación dun mes como mínimo, respecto á data da súa expiración, ou do período de vixencia de calquera das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Incumprimento.

Todo o persoal afectado por este convenio poderá denuncia-lo seu incumprimento na totalidade ou parte del.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación.

Artigo 7º.-Facultades de compensación e absorción.

Sen prexuízo de que poidan estenderse a calquera situación as melloras establecidas no convenio, nin da facultade de amplialas, a empresa, se viñese aboando salarios superiores ós regulamentariamente

esixidos, non estará obrigada a aplica-las elevacións que as presentes estipulacións fixen.

Así mesmo, as melloras establecidas no presente convenio, serán compensables ou absorbibles por calquera elevación salarial que por disposición legal puidesen establecerse.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria integrada por 6 membros, 3 en representación da dirección da empresa e 3 en representación dos traballadores, estes últimos designados polo comité de empresa, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes, en aplicación e interpretación deste convenio.

No suposto de que antes de que remate a vixencia deste convenio houbese renovación do comité de empresa, tralas correspondentes eleccións, corresponderalle a ese novo comité de empresa a designación dos tres membros que lle corresponden na comisión paritaria.

A comisión paritaria manterá, cando menos, unha xuntanza bimestral, para efectuar un seguimento dos temas negociados neste convenio colectivo e acorda-los pendentes de concreción.

Artigo 9º.-Difusión do convenio.

A dirección porá á disposición de todo o persoal exemplares deste convenio. Así mesmo, o texto permanecerá exposto durante a súa vixencia no taboleiro de anuncios.

TÍTULO II

Disposicións normativas

Capítulo I

Organizacióin do traballo

Artigo 10º.-Organización do traballo.

A organización técnica e práctica do traballo, con suxeición ás normas e orientación deste convenio e ás disposicións legais, é facultade exclusiva da dirección da empresa.

A empresa poderá adoptar un sistema de distribución do traballo que facilite a formación técnica dos traballadores, coa obriga por parte destes de prestaren a súa maior colaboración co fin de contemplar e perfecciona-los ditos coñecementos, para o cal a empresa lles facilitará os medios necesarios, tanto na práctica diaria como polo establecemento duns sistemas de racionalización do traballo que lles permita alcanzar unha maior eficacia e rendemento, co fin de leva-la empresa e os seus traballadores a unha maior prosperidade.

As modificacións que legalmente teñan a consideración de substanciais, haberán de realizarse de acordo co disposto nas leis e normas regulamentarias vixentes na materia.

Artigo 11º.-Funcionamento dos centros de traballo.

Ante calquera dificultade que se presente na execución do traballo, o traballador deberá solicitar con

sello ou aclaración do seu superior inmediato, ó que tamén se dará parte de calquera deficiencia nos productos, instrumentos de traballo, ferramentas ou máquinas. Toda dificultade apreciada na execución do traballo antes da iniciación del, deberá comunicarlla ó seu superior inmediato, e cando a importancia desta modificación o requira, farao por escrito, e quedará cun duplicado asinado por quen o reciba.

O traballador coidará das máquinas e útiles que se lle confíen, manteraas en perfecto estado de conservación e funcionamento durante o seu traballo e será responsable dos desperfectos, estragos ou danos que se produzan pola súa culpa ou neglixencia.

Queda prohibido utilizar, fóra dos centros de traballo, máquinas, ferramentas ou útiles pertencentes á empresa, sen previa autorización desta por escrito. Esta autorización será igualmente necesaria para que o traballador poida empregar ferramentas ou útiles, da súa propiedade nos labores encomendados.

Artigo 12º.-Discreción profesional.

O segredo profesional deberá gardarse con discreción absoluta, en canto afecte as actividades propias da empresa, procesos de execución, instalacións, proxectos de estudios, contratos, contabilidade, prezos, custos e toda clase de documentos, así como calquera outra información que polo propio traballo se chegue a coñecer.

Artigo 13º.-Coordinación das relacións laborais.

Con obxecto de establece-la debida xerarquía nas distintas ordes da producción, a empresa procurará organiza-los seus servicios de forma que os mandos de calquera categoría transmitan as instruccións da dirección, e as suxestións ou peticións do persoal, por conducto xerárquico, co fin de que nunca se desvirtúe o seu contido e finalidade, sen prexuízo das funcións que en materia laboral e de relación lles corresponde ós representantes sindicais.

Capítulo II

Clasificación, formación e promoción profesional

Artigo 14º.-Clasificación profesional.

A clasificación do persoal que se establece neste convenio ten un carácter meramente definitorio e enunciativo, e non supón a obriga para a empresa de ter dotadas prazas de todos e cada un dos grupos e/ou categorías profesionais.

Antes do 31-12-2000, a comisión paritaria efectuará unha análise de tódolos postos de traballo da organización, para efectos da súa posible reclasificación. Os seus resultados terán aplicación a partir do 1-1-2001.

En diante, esta avaliación levarase a cabo, alomenos, con carácter bianual.

Artigo 15º.-Mobilidade funcional.

Se a empresa dispuxese o cambio dun traballador dun posto de traballo a outro de igual categoría, deberá instruílo suficientemente nos cometidos do novo posto, co fin de que poida ser realizado coas garantías necesarias.

Así mesmo, o traballador está obrigado a desempeñar coa debida dilixencia as tarefas dos postos que se lle encomenden, incluídas, se fose o caso, as tarefas de limpeza e conservación dos elementos e útiles de traballo.

Artigo 16º.-Admisión de persoal.

A admisión de persoal acomodarase ás normas legais e regulamentarias vixentes en cada momento en materia de contratación.

A empresa poderá someter ós aspirantes ás probas teóricas, prácticas, psicotécnicas, así como ás entrevistas, que considere convenientes, realizando a estas directamente ou encargándollelo a empresas especializadas.

Sempre que, a xuízo da dirección, as circunstancias profesionais e persoais o permitan, a empresa propiciará a cobertura interna das vacantes que se produzan na organización.

Artigo 17º.-Contratación.

Comité de empresa e dirección entenden que hai que afondar, paulatinamente, en formas de contratación estable, que supoñan un estímulo para os traballadores temporais e un recoñecemento ó seu bo facer profesional.

Nesta liña, inmediatamente despois da sinatura do convenio, converteranse en indefinidos un mínimo de dez dos actuais contratos temporais.

Dentro das súas posibilidades, a empresa limitará a utilización dos servicios de empresas de traballo temporal.

Artigo 18º.-Promoción profesional.

Tódolos traballadores coa categoría profesional de peón ascenderán automaticamente á de peón especialista, transcorridos 6 meses, desde a súa incorporación.

Se o posto onde o traballador estivese a formarse, fose de superior categoría á que tivera recoñecida, producirase o ascenso automático transcorridos os períodos que, de seguido, se sinalan:

De peón especialista a especialista de 3ª: 6 meses.

De especialista de 3ª a especialista de 2ª: 12 meses.

De auxiliar/oficial de 3ª a oficial de 2ª: 24 meses.

Doutra banda, acórdase, en relación con postos de nova creación e aqueloutros que sufrisen modificacións substanciais, efectua-la seguinte asignación de categorías:

Departamento/secciónPostoCategoría

FábricaEnlace pretratamentoEspecialista de 1ª
FábricaEnlace iogurEspecialista de 1ª
FábricaEnlace batidosEspecialista de 1ª
FábricaEnlace UHTEspecialista de 1ª
FábricaAdministrativo de producciónOficial administrativo
MantementoOperador de caldeirasOficial 2ª O.V.
Loxística/fábricaOperador almacén automáticoEspecialista de 2ª
LoxísticaControlador de peiraoEspecialista de 2ª

Artigo 19º.-Formación.

A empresa, de común acordo cos representantes dos traballadores, establecerá os programas e actividades que coiden necesarios para a formación continua do persoal, cuestión esta á que se prestará especial atención, e que se plasmará no plan anual de formación.

Acórdase incluír en convenio colectivo a práctica de empresa que consiste no aboamento dun complemento de formación de 1.500 pesetas por cada xornada, fóra do horario de traballo, dedicada a esta tarefa, co obxecto de supli-los gastos nos que puideran incorre-los traballadores pola asistencia ós cursos (gastos de desprazamento, manutención, etc.).

Así mesmo, aboaranse os gastos de manutención en que incorran os traballadores que asistan a un curso de formación, sempre que medien menos de 2 horas entre a hora de finalización ou inicio do curso e a hora de finalización ou comezo da xornada de traballo.

En ámbolos dous casos, haberá de tratarse de cursos de formación organizados pola empresa, no marco do plan anual de formación.

Capítulo III

Xornada, horas extraordinarias e vacacións

Artigo 20º.-Xornada.

A xornada de traballo, con independencia das quendas asignadas, será de 40 horas semanais.

Para efectos de cómputo anual, o total de horas de traballo (xornada máxima) fíxase en 1.826 horas.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias axustarase ós seguintes criterios:

a) Realizaranse ás mínimas imprescindibles, sendo a súa realización de carácter voluntario.

b) Realizaranse as horas extraordinarias por causa de forza maior que veñan esixidas para prever e reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta, nin para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de tales.

c) Entenderanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza das actividades de que se trate.

Artigo 22º.-Vacacións.

O persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional, terá dereito a unhas vacacións retribuídas de 30 días naturais.

Para o persoal suxeito a quendas, seguirá vixente o sistema rotativo, aceptado polo persoal, recollido en canto ó seu funcionamento no artigo 13 do convenio colectivo de 1986. Na asignación de vacacións terase

en conta que non coincidan no mesmo mes persoas asignadas ó mesmo posto e que poida quedar sen cubrir ese servicio. Non obstante, recóllese a posibilidade de fraccionar e intercambia-los períodos de vacacións entre traballadores que cubran o mesmo posto ou servicio.

Para este persoal, suxeito ó mencionado sistema rotativo, cando conxunturalmente, por descenso na producción ou situacións análogas, fose posible adiantar vacacións nos meses de verán aumentando o número de persoas nun deses meses, terán preferencia os traballadores que teñan asignadas no mes de novembro as súas vacacións, sempre que quede cuberto o servicio.

Os traballadores que por quenda (isto é, de xeito non voluntario) teñan que desfrutar das súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, outubro ou novembro, percibirán un complemento de vacacións, no concreto mes de desfrute, na contía de 5.000 pesetas (ano 2000) e de 10.000 pesetas en 2001.

Para que os traballadores poidan programa-las súas vacacións, confeccionaranse os correspondentes calendarios, que serán publicados no taboleiro de anuncios antes do 1 de decembro de cada ano.

Previamente ó desfrute de vacacións, cada traballador deberá cubri-lo correspondente parte por duplicado, tramitándoo a través do xefe de sección que, ó mesmo tempo, llo remitirá no prazo máximo de 2 días ó Departamento de Organización e Recursos Humanos quen, unha vez recibido, devolverá en igual prazo a copia debidamente dilixenciada para que se lle entregue ó traballador, todo iso antes do desfrute de vacacións.

Quen cese no transcurso do ano sen desfrutar total ou parcialmente das súas vacacións, terá dereito a que lle sexa aboada a parte proporcional do período non desfrutado, en función dos meses traballados.

Cando un traballador comece as súas vacacións a metade de semana tocándolle por quenda a de noite, pasará esa semana a unha das quendas de día.

En casos extraordinarios, e sempre que as necesidades do servicio o permitan, poderán solicitarase ata un máximo de 2 días illados de vacacións ó ano, que computarán, cada un deles, como un día de vacacións.

Artigo 23º.-Cadro de quendas e descansos.

Antes das 20 horas de cada venres, a empresa confeccionará e publicará os cadros de quendas e descansos da semana seguinte, correspondentes ó cadro de persoal suxeito a réxime de quendas.

En xeral, terase en conta que o persoal rote nas distintas quendas e, en particular, que, naquelas seccións con procesos continuos durante as 24 horas, ningún traballador estea no de noite máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria.

A empresa, ó confecciona-la lista de quendas, terá en conta que se descansen a maior cantidade de domingos posibles, salvo no que se refire ó artigo seguinte.

A rotación entre quendas seguirá o ciclo tarde-mañá-noite.

Artigo 24º.-Exención ó descanso dominical.

Dada a particularidade da materia prima, que esixe un tratamento e control continuos, para os servicios de aprovisionamento, pretratamento, recepción, mantemento e caldeiras, o sistema ordinario de quendas incluirá os domingos. Nestes casos, un mesmo traballador non poderá traballar dous domingos consecutivos, salvo adscrición voluntaria, pacto particular cun ou varios traballadores ou contratacións específicas para eses días.

Á marxe das compensacións económicas que se sinalan no capítulo de aspectos económicos, o persoal que traballe en domingo descansará, en compensación, un día completo, preferiblemente o sábado inmediatamente anterior ó da prestación do servicio.

Artigo 25º.-Festivos.

O número de festivos non recuperables para este ano será o que indique a lexislación vixente. O persoal que entre a formar parte da lista dos domingos terá preferencia para traballa-los festivos.

Os festivos traballados serán retribuídos como horas festivas extraordinarias.

Artigo 26º.-Festas de Nadal.

Os días 24 e 31 de decembro a segunda quenda será desde as catorce ata as dezanove horas, non traballando a quenda de noite. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro a primeira das quendas será das 9 ás 14 horas, computándose como xornada laboral completa para tódolos efectos.

Así mesmo, nas dúas quendas dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro realizaranse, por quen corresponda, os labores de recepción, é dicir, o mesmo que en domingos e festivos.

Artigo 27º.-Licencias.

O persoal terá dereito a licencias retribuídas, nos seguintes casos e coa extensión seguinte:

a) Por defunción de pais, irmáns, cónxuxe, fillos e avós, catro días, se o falecemento ten lugar dentro da provincia, e seis se tivera lugar fóra dos límites dela, sempre e cando se produza o desprazamento.

b) Por defunción de pais e irmáns políticos, dous días dentro da provincia e tres fóra dela, sempre e cando se produza o desprazamento.

c) Por enfermidade grave de pais, cónxuxe, fillos e irmáns, tres días dentro da provincia e catro fóra dela, sempre que se produza o desprazamento.

d) Por nacemento de fillo, catro días.

e) Por matrimonio, quince días.

f) Por traslado de domicilio, un día.

Os días consideraranse naturais.

Capítulo IV

Saúde laboral

Artigo 28º.-Normativa.

1. A dirección da empresa e os representantes dos traballadores coinciden en afirma-la importancia que

ten o estricto cumprimento do conxunto da normativa en materia de prevención, hoxe articulada arredor da Lei de prevención de riscos laborais, de 8-11-1995, sobre a base de considerar que a integridade física do traballador é un ben supremo e irrenunciable.

Por iso manifestan a súa total disposición a colaborar lealmente na procura deste obxectivo común, no ámbito das súas respectivas responsabilidades.

2. O centro de traballo de Arteixo contará con tres delegados de prevención, que serán designados de entre os membros do comité de empresa, e a quen lle corresponderá:

-Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

-Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución da normativa sobre prevención de riscos laborais.

-Ser consultados pola dirección da empresa, con carácter previo á súa execución, acerca das decisións a que se refire o artigo 33 da Lei de prevención de riscos laborais.

-Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais, podendo, para tal efecto, inspeccionar tódolos lugares de traballo, emitir informes e propoñer solucións; poderá contar, para tal fin, con asesores expertos alleos á empresa.

-Os delegados de prevención disporán dun crédito de 40 horas retribuídas anuais para asistir a cursos de formación en materia de saúde laboral. A dirección da empresa esixirá, en todo caso, os oportunos xustificantes de asistencia.

3. No centro de traballo de Arteixo existirá un comité de seguridade e saúde, integrado polos tres delegados de prevención, dunha parte, e polos representantes da dirección, designados polo director de organización e recursos humanos da empresa.

Nas xuntanzas do comité de seguridade e saúde participarán, con voz pero sen voto, os responsables técnicos de prevención na empresa que non estean incluídos na composición do comité de seguridade e saúde.

Este comité terá as seguintes competencias:

-Participar na elaboración, posta en práctica, avaliación dos plans e programas de prevención de riscos na empresa.

-Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, propoñéndolle á empresa a mellora das condicións ou a corrección das deficiencias existentes.

O comité reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións nel.

Artigo 29º.-Vixilancia da saúde.

Fíxase a necesidade de realizar recoñecementos previos e periódicos (anuais) de carácter gratuíto, que serán levados a cabo por persoal especializado. Tales recoñecementos deberán respectar sempre o dereito

á dignidade, intimidade e confidencialidade. Neste sentido, os informes médicos deberanlles ser entregados directamente ós traballadores, e poderanse arquiva-las copias dos informes exclusivamente por parte dos servicios médicos. A dirección da empresa só poderá ter acceso a datos xerais, que lle serán facilitados exclusivamente polos mencionados servicios.

Artigo 30º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles ós traballadores que prestan os seus servicios na planta roupa de traballo adecuada ás súas necesidades e respectivas funcións, adecuándose ás regulamentacións técnico-sanitarias e de seguridade e hixiene.

Os traballadores a que se refire o parágrafo anterior, independentemente dos equipos de protección específicos obrigatorios, terán como dotación mínima, as seguintes pezas:

Departamentos/secciónsUnidades/vestiario

Recepción, fábrica, mantemento e almacéns2 Uds. iniciais e reposición s/ necesidade chaquetas curtas

2 Uds. iniciais e reposición s/ necesidade pantalóns

2 Uds. iniciais e reposición s/ necesidade camisas

1 Ud. inicial e reposición s/ necesidade chaleco

1 Ud. inicial e reposición s/ necesidade chaquetón

1 Ud. inicial e reposición s/ necesidade botas de seguridade

2 Uds. iniciais e reposición s/ necesidade gorros

Laboratorio2 Uds. iniciais e reposición s/ necesidade pantalóns

1 Ud. inicial e reposición s/ necesidade calzado

2 Uds. iniciais e reposición s/ necesidade batas

1 Ud. inicial e reposición s/ necesidade chaquetón

2 Uds. iniciais e reposición s/ necesidade gorros

Esta relación poderá ser modificada como consecuencia do traballo que realicen a dirección e o comité de empresa, conforme o sinalado no artigo 28º.

Capítulo V

Dereitos e funcións dos representantes dos

traballadores

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

Os membros do comité de empresa ou delegados de persoal disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Sen supera-lo máximo, poderán ser consumidas as horas retribuídas co fin de asistir a cursos de formación organizados polos sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Os traballadores poderán esixirlle ó comité de empresa a convocatoria de asemblea, cando o solicite o 10% do cadro de persoal.

TÍTULO III

Aspectos económicos

Capítulo I

Do salario

Artigo 32º.-Salario base.

Os soldos base deste convenio son os que figuran no anexo adxunto; a súa táboa salarial enténdese para xornada completa en cada categoría profesional e posto de traballo.

Artigo 33º.-Complemento convenio de orixe.

Este complemento percibirano aqueles traballadores que, de acordo co estipulado no convenio colectivo asinado para os anos 1997 e 1998, teñan dereito a el.

Tal complemento incrementarase tódolos anos, ademais de nas porcentaxes previstas no artigo 35º deste convenio, nun 2%.

Non se percibirá en concepto de complemento convenio de orixe unha cantidade que supere o 50% do salario base por categoría, salvo no caso daqueles traballadores que, no momento da sinatura do convenio asinado para os anos 1997 e 1998, tiveran consolidados 5 ou máis quinquenios, para quen o tope será do 60%.

Artigo 34º.-Pagas extraordinarias.

Mantéñense as tres gratificacións extraordinarias que se veñen satisfacendo na actualidade, equivalente cada unha delas a unha mensualidade, computándose nelas o salario base, complemento convenio de orixe, IRTP e gratificación voluntaria.

Artigo 35º.-Incremento salarial.

Será o seguinte:

-1999: 2%.

-2000: IPC real+0,5%.

-2001: IPC real+0,5%.

Nestes dous últimos anos tomarase como referencia a previsión de IPC que formule o Goberno en xaneiro, procedéndose, se é o caso, á oportuna regularización unha vez coñecido o IPC real de cada ano.

Artigo 36º.-Participación en beneficios.

No suposto de que o grupo de empresas Leyma/LESA, a nivel consolidado, acaden beneficios na contía que, para 1999, se determina na escala máis abaixo reflectida, o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio percibirá unha cantidade equivalente á porcentaxe que se indica, que se aplicará sobre a totalidade da masa salarial da empresa de 1999. Tal cantidade distribuirase linealmente entre os traballadores incluídos, para efectos salariais, neste convenio, e será aboada tan pronto exista acreditación oficial da existencia de beneficios e da súa contía.

Para estes efectos, consideraranse os beneficios das actividades ordinarias, despois de imputa-la carga financeira e antes de extraordinarios e atípicos.

Para 1999, a escala será a seguinte:

De 100 a 200 millóns de pesetas: 0,50% s/ masa salarial.

De 201 a 300 millóns de pesetas: 0,75% s/ masa salarial.

Máis de 300 millóns de pesetas: 1,00% s/ masa salarial.

Unha vez concretada a cantidade que percibirá cada traballador, esta aboarase ó longo de 12 pagas, integrando un novo concepto salarial: complemento convenio.

Se, como será normal, a contía dos beneficios se coñece fidedignamente nos meses de marzo ou abril, aboaranse os correspondentes atrasos de complemento convenio dos meses xa transcorridos do ano.

No caso de obterse beneficios nas contías previstas, os traballadores consolidarán no complemento convenio as cantidades aboadas durante os anos de vixencia deste convenio, sen que esta consolidación poida servir de precedente para futuras negociacións colectivas.

De calquera xeito, o complemento convenio que teñan consolidado os traballadores terá, en diante, o incremento que se pacte con carácter xeral para cada ano, nos convenios que se negocien a partir do 1-1-2002.

A partir do ano 2000, a escala será:

De 100 a 700 millóns de pesetas: 0,50% s/ masa salarial.

De 701 a 1.000 millóns de pesetas: 0,75% s/ masa salarial.

Máis de 1.000 millóns de pesetas: 1% s/ masa salarial.

Capítulo II

Outros aspectos retributivos

Artigo 37º.-Complemento de axuda ó transporte.

Mantense en 100 pesetas diarias para todo tipo de persoal, sen distinción de categorías profesionais, con base na xornada de traballo completa.

O dito complemento cobrarase exclusivamente os días de asistencia ó traballo, non sendo computable en vacacións, incapacidade temporal, permisos, etc.

Artigo 38º.-Complemento de compensación de traslado.

Mantense o complemento de compensación de traslado en 60 pesetas, por día, facéndose extensivo a todo o persoal de alta na empresa anterior ó 1-6-1992.

Este complemento cobrarase, ademais dos días de asistencia ó traballo, durante os períodos de incapacidad temporal, non sendo computable en vacacións.

Artigo 39º.-Complemento de vestiario.

Mantense o complemento de vestiario, de aplicación a todo o pesoal, cunha contía de 5.517 pesetas/mes (1999); de 6.017 pesetas/mes (2000) e de 6.517 pesetas/mes (2001). Este complemento non se aboará nas pagas extraordinarias, entendéndose como un suplido de gastos.

Artigo 40º.-Póliza de accidentes.

Mantense a concertación da póliza de accidentes, con cobertura durante as 24 horas do día e coas seguintes cantidades:

-Dous millóns de pesetas, en caso de invalidez permanente.

-Un millón e medio de pesetas, en caso de falecemento.

Neste último caso aboarase a cantidade sinalada ás persoas que xustifiquen seren as herdeiras legais do traballador falecido.

Artigo 41º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cun incremento do 40% sobre o valor da hora ordinaria, séndolle comunicadas mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité de empresa.

As horas extraordinarias realizadas en festivos polo persoal con alta na empresa anterior ó 9-4-1974, aboaranse cun incremento do 65% sobre o valor da hora ordinaria.

Artigo 42º.-Nocturnidade.

As horas traballadas en período nocturno, isto é, entre as 10 da noite e as 6 da mañá, terán unha remuneración adicional cifrada no 25% do valor da hora ordinaria.

Así mesmo, os traballadores que cubran a quenda de noite percibirán, ademais do incremento sinalado no parágrafo anterior, 330 pesetas (1999) por noite traballada, en concepto de suplido de gastos.

Tanto esta última cantidade, como a reflectida no artigo seguinte (traballo en domingo por quenda), serán actualizadas cada ano co incremento salarial resultante da negociación do convenio colectivo, salvo que nel se determine outro tipo de incremento.

Exclusivamente nos casos nos que sexa festivo o sábado, o persoal que traballe a xornada do venres na quenda de noite percibirá como complemento correspondente á xornada do venres 6,66 horas festivas, que terán tal consideración só para efectos salariais.

Artigo 43º.-Domingos.

As persoas ás que lles corresponda traballa-los domingos por quenda percibirán, en concepto de suplido de gastos (transporte e manutención), a cantidade de 2.752 pesetas (1999) e 2.821 pesetas (2000).

Os traballadores que teñan que presta-los seus servicios os días 25 de decembro e 1 de xaneiro (caldeiras, mantemento, laboratorio, toma de mostras, cadro sinóptico ou calquera outro que teña que traballar neses días) percibirán, por cada quenda de traballo, ademais do complemento correspondente, un complemento de Nadal e Aninovo, en contía, no ano 1999, de 5.396 pesetas, e, no ano 2000, de 8.094 pesetas.

Artigo 44º.-IRTP.

A empresa seguirá aboándolles ós seus traballadores as mesmas cantidades que polo concepto do suprimido imposto de rendemento de traballo persoal (IRTP) lles correspondería pagar a cada un o 1 de xaneiro de 1979.

As ditas cantidades quedan consolidadas nas súas contías actuais, e non poderán ser absorbidas por calquera aumento salarial futuro, sexa por disposición legal, por convenio ou laudo.

Artigo 45º.-Complemento de frío.

O persoal adscrito á sección de loxística que, de xeito continuado, realiza en cámara frigorífica as tarefas que a continuación se indican percibirá un complemento de frío na contía, para 2000, de 60 pesetas/hora traballada:

-Carreteiros asignados á carga de autovendas na quenda de arrinque.

-Preparación de pedidos en cámara e retornos de autovendas (no caso de retornos de autovendas, aboaranse as horas realmente traballadas en cámara).

-Subministración de iogur, tanto para carga de camións, como para manexo de iogur en cámaras e túneles.

-Calquera outro traballo en cámara que no futuro puidese realizarse.

Queda exceptuado todo traballo esporádico de entrada en cámara.

O complemento de frío percibirase tan só en tanto se manteñan as circunstancias que motivan o seu cobro. O cambio de tales circunstancias levará aparellada a supresión do devandito complemento para os postos e traballadores afectados.

Artigo 46º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da empresa un traballador sexa desprazado fóra da súa residencia habitual por un período superior a 24 horas, aboaráselle, á parte dos gastos de desprazamento e estancia, unha compensación económica suplementaria de 500 pesetas diarias.

Artigo 47º.-Premio de xubilación.

A empresa aboaralles ós traballadores que se xubilen ó cumpri-los 65 anos de idade como máximo un premio na contía de 10.000 pesetas por ano de servicio, entendéndose que os que superen a dita idade renunciarán a el.

Esta mesma cantidade seralles aboada ós que causen baixa definitiva na empresa, por enfermidade, accidente laboral ou falecemento. Neste último caso, aboaráselles ós que xustifiquen seren os seus herdeiros. Nos supostos deste punto, o premio será concedido nas mesmas condicións e contías que as sinaladas no punto anterior.

Artigo 48º.-Fomento da prexubilación.

Os traballadores cunha antigüidade mínima de 5 anos que causen baixa na empresa por prexubilación percibirán as seguintes cantidades:

-60 anos: 400.000 ptas.

-61 anos: 325.000 ptas.

-62 anos: 250.000 ptas.

-63 anos: 175.000 ptas.

-64 anos: 100.000 ptas.

Artigo 49º.-Retribución en caso de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, a empresa aboaralle o complemento necesario,

para que, xuntamente coa prestación económica da Seguridade Social, o traballador perciba a partir da data da baixa, o salario total fixado por este convenio, é dicir, salario base, complemento convenio de orixe e complementos de convenio e compensación de traslado, exceptuando o complemento de axuda ó transporte.

A dirección terá a facultade de que o médico de empresa, ou o que se designe, visite no seu domicilio e recoñeza o traballador cantas veces crea conveniente. Así mesmo, poderá requiri-lo productor en baixa para que se presente a recoñecemento coa periodicidade que se estime preciso.

Nos casos de desconformidade coa situación de baixa, a dirección e o comité de empresa nomearán un facultativo para que efectúe o recoñecemento oportuno; do seu dictame dependerá o aboamento do complemento ó que fai referencia o presente artigo, asi como o seguinte.

Artigo 50º.-Retribución en caso de accidente laboral ou enfermidade profesional.

En caso de accidente de traballo que dea lugar a unha incapacidade temporal, a empresa aboará o complemento necesario para que, xuntamente coa prestación que perciba da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, o traballador accidentado perciba o total dos seus salarios desde o primeiro día en que resulte accidentado e durante todo o tempo durante o que teña dereito á citada prestación económica, a exceción do complemento de axuda ó transporte, como no caso de enfermidade común.

Recoñéceselle á empresa a mesma facultade de vixilancia e comprobación establecida no artigo anterior.

Artigo 51º.-Cesta de Nadal.

A empresa proporcionará, con ocasión das festas de Nadal, un lote de productos típicos desa época, cun importe por traballador de 17.000 pesetas, importe que se manterá inalterado ó longo dos anos 2000 e 2001.

Artigo 52º.-Productos de empresa.

Acórdase incorpora-lo contido íntegro da acta asinada o día 31-12-1999, pola que, en substitución do anterior sistema de reparto entre os traballadores da empresa de productos de empresa, estipúlase unha paga única de 35.000 pesetas/ano, que se aboará no mes de setembro, para axuda na compra de productos de empresa, de xeito que a totalidade do producto que os traballadores desexen adquirir na fábrica deberá ser aboado ó contado. Para os demais aspectos reflectidos na acta referida, este convenio remítese a ela.

Disposición adicional

En caso de conflicto colectivo de traballo, as partes deciden, expresamente, someterse ós procedementos do Acordo interprofesional galego de solución extraxu

dicial de conflictos colectivos de traballo, asinado por CC.OO., UGT, CIG e CEG, que xestiona o Consello Galego de Relacións Laborais.

Disposición derradeira

No non previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e no convenio estatal de industrias lácteas.

ANEXO

Táboas salariais

Salario base mensualPrezo hora

1999200019992000

* Grupo profesional de técnicos
Técnico xefe199.137204.1151.635,851.676,74
Técnico superior184.524189.1371.515,801.553,70
Técnico medio141.557145.0961.162,841.191,91
Técnico operador134.208137.5631.102,471.130,03
Técnico diplomado130.367133.6261.070,931.097,70

* Grupo administrativo e comercial
Xefe de 1ª administración131.988135.2881.084,241.111,34
Xefe de 2ª administración124.807127.9271.025,251.050,88
Oficiais de 1ª121.683124.725999,581.024,57
Oficiais de 2ª117.586120.525965,93990,08
Auxiliares administrativos108.236110.942889,12911,35
Telefonistas102.471105.033841,77862,81
Inspectores, promotores e supervisores de vendas127.530130.7181.047,611.073,80
Vendedores116.985119.909960,99985,02

* Grupo de producción e tarefas auxiliares
Contramestre135.710139.1031.114,811.142,68
Xefe de sección135.710139.1031.114,811.142,68
Encargado131.620134.9101.081,221.108,25
Capataz127.530130.7181.047,611.073,80
Coordinador de zona124.036127.1371.018,921.044,39
Inspector de distrito114.665117.532941,94965,49
Oficial de 1ª especialista127.530130.7181.047,611.073,80
Oficial de 1ª O.V.119.927122.925985,161.009,79
Oficial de 2ª O.V.117.005119.930961,16985,19
Oficial de 3ª O.V.114.780117.649942,88966,45
Oficial de 1ª laboratorio121.683124.725999,581.024,57
Oficial de 2ª laboratorio117.586120.525965,93990,08
Auxiliar laboratorio108.236110.942889,12911,35
Oficial 1ª conductor116.421119.331956,36980,27
Almaceneiro110.681113.448909,21931,94
Auxiliares (inspección, laboratorio e mantemento)108.236110.942889,12911,35
Supervisor de liña119.927122.925985,161.009,79
Especialista de 1ª112.910115.733927,52950,70
Especialista de 2ª110.503113.265907,74930,43
Especialista de 3ª108.236110.942889,12911,35
Peón especialista104.764107.383860,60882,12
Peón102.471105.033841,77862,81
Limpador102.471105.033841,77862,81
Garda e sereno102.471105.033841,77862,81

Contías, para 2000, partindo dunha previsión de IPC do 2%.

Acta complementaria única ó convenio colectivo de Leyma Alimentos de Galicia, S.A., para os

anos 1999, 2000 e 2001

Dirección da empresa:

Benigno Sánchez García.

Sandra Prieto López.

Comité de empresa:

José M. Ramos Esperante.

María Bouza Varela.

Mª Jesús Blach González.

Manuel Calvete Gómez.

Sergio Luis Bayolo Rodríguez.

Antonio Garea Blanco.

Segundo Gerpe Gesto.

Ángel Fernández Serramo.

César Abraira Soneira.

En Arteixo o 1 de marzo de 2000, cando son as 13 horas, reúnense as persoas na marxe indicadas, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de Leyma, Alimentos de Galicia, S.A., para, como contido complementario ó do convenio precitado acordar:

1. En relación co disposto no artigo 36º, para o caso de se daren as circunstancias nel sinaladas para o reparto de beneficios, acórdase determina-las cantidades brutas (por traballador) que se aboarán, en cada un dos anos de vixencia deste convenio, en función das porcentaxes previstas na escala de beneficios que se vai aplicar sobre a masa salarial.

199920002001

0,5%20.75021.25021.785

0,75%31.12531.87532.677

1,00%41.50042.50043.570

Estas cantidades brutas terán aplicación tan só durante a vixencia deste convenio, de xeito que, a partir do ano 2002, teranse en conta novas cantidades de referencia, en función de cal sexa a real masa salarial da empresa naquel momento. Así mesmo, a escala e as porcentaxes do artigo 36 do convenio deberán ser renegociadas ó termo da vixencia deste convenio.

Así mesmo, e para 1999, aínda que non se dispoñen de datos oficiais sobre se a contía dos beneficios chegará ou non ós 100 millóns de pesetas, as partes acordan, tendo en conta o importante cambio operado na conta de resultados, en relación co difícil exercicio de 1998, aboa-la cantidade antes sinalada de 20.750 pesetas por traballador.

Conclúe a xuntanza, cando son as 14 horas do día antes sinalado, do que dan fe os presentes coa súa sinatura.