Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de maio de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Silleda (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 31, punto 11 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como

os correspondentes informes, a proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Silleda.

Localidade: Silleda.

Código do centro: 36020350.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Silleda.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Pintor Colmeiro.