Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 11 de abril de 2000, adoptou acordo de ratificar resolución da alcaldía do día 10 de abril de 2000, pola que se dispón a suspensión do concurso para a adxudicación da obra titulada 2º fase Construcción Casa do Concello, con base e fundamento na carencia de documentación técnica suficiente no dito expediente. O concurso obxecto da presente suspensión aparece publicado no DOG número 62, do 29 de marzo.

Moaña, 17 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado