Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

Adquisición do equipamento electromédico, moblaxe clínica e de oficina con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol (20 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-37/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento electromédico, moblaxe clínica e de oficina.

c) Lote: vinte lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 142, do 26 de xullo, BOE nº 182, do 31 de xullo e DOCE S135, do 15 de xullo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta e sete millóns cincocentas corenta e cinco mil seiscentas pesetas, IVE incluído (67.545.600 pesetas), 405.957,23 euros.

Lote nº 1: 2.200.000 pesetas, 13.222,26 euros.

Lote nº 2: 18.700.000 pesetas, 112.389,26 euros.

Lote nº 3: 10.000.000 de pesetas, 60.101,21 euros.

Lote nº 4: 570.000 pesetas, 3.425,76 euros.

Lote nº 5: 2.750.000 pesetas, 16.527,83 euros.

Lote nº 6: 2.100.000 pesetas, 12.621,25 euros.

Lote nº 7: 1.300.000 pesetas, 7.813,16 euros.

Lote nº 8: 2.750.000 pesetas, 16.527,84 euros.

Lote nº 9: 500.000 pesetas, 3.005,07 euros.

Lote nº 10: 2.200.000 pesetas, 13.222,27 euros.

Lote nº 11: 2.000.000 de pesetas, 12.020,24 euros.

Lote nº 12: 5.000.000 de pesetas, 30.050,60 euros.

Lote nº 13: 2.535.000 pesetas, 15.235,66 euros.

Lote nº 14: 276.000 pesetas, 1.658,79 euros.

Lote nº 15: 390.000 pesetas, 2.343,95 euros.

Lote nº 16: 1.324.000 pesetas, 7.957,40 euros.

Lote nº 17: 11.560.000 pesetas, 69.476,99 euros.

Lote nº 18: 520.000 pesetas, 3.125,26 euros.

Lote nº 19: 600.000 pesetas, 3.606,07 euros.

Lote nº 20: 270.600 pesetas, 1.626,34 euros

Adxudicacións:

Lote nº 1: desfibriladores con marcapasos.

a) Data: 22 de novembro de 1999.

b) Contratista: Galmédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns duascentas mil pesetas, IVE incluído (2.200.000 pesetas), 13.222,27 euros.

Lote nº 2: sistema de monitorización reanimación.

Lote nº 3: sistema de monitorización UCI.

a) Data: 22 de decembro de 1999.

b) Contratista: Agilent Technologies Spain, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinteoito millóns setecentas mil pesetas, IVE incluído (28.700.000 ptas.), 172.490,47 euros.

Lote nº 4: monitores de tensión arterial.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: M.C. Infortécnica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincocentas setenta mil pesetas, IVE incluído (570.000 pesetas), 3.425.,76 euros.

Lote nº 5: respirador volumétrico.

Lote nº 6: respiradores.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: Drager Hispania, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catro millóns oitocentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído (4.850.000 ptas.), 29.149,09 euros.

Lote nº 7: electrocardiógrafos.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: Marquette Hellige España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón trescentas mil pesetas, IVE incluído (1.300.000 ptas.), 7.813,16 euros.

Lote nº 8: monitor de hemodiafiltración.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: Hospal, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns seiscentas setenta e cinco mil pesetas, IVE incluído (2.675.000 ptas.), 16.077,07 euros.

Lote nº 9: marcapasos externo.

Deserto.

Lote nº 10: cardiocompresores automáticos.

Deserto.

Lote nº 11: endoscopios, lavadoras desinfectadoras.

Lote nº 12: torre videoendoscopia respiratoria.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: Medical Europa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns novecentas noventa e oito mil pesetas, IVE incluído (6.998.000 ptas.), 42.058,83 euros.

Lote nº 13: cadeira de brazos de tratamento.

Lote nº 15: carros servicios diversos.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: Sumcyil, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns oitocentas trinta e cinco mil pesetas, IVE incluído (2.835.000 ptas.), 17.038,69 euros.

Lote nº 14: cadeira de brazos ergonómica de doente.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: La Casa del Médico, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: duascentas cincuenta mil trescentas oitenta pesetas, IVE incluído (250.380 ptas.), 1.504,81 euros.

Lote nº 16: moblaxe clínica para diversos servicios.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: Prisma, S.L. (proxectos, enxeñería y Sum. medicina).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón vinte mil cento vinte pesetas, IVE incluído (1.020.120 ptas.), 6.131,04 euros.

Lote nº 17: moblaxe para hospitalización.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: Flex (Falunorsa).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: once millóns trescentas vintetrés mil cincocentas pesetas, IVE incluído (11.323.500 ptas), 68.055,61 euros.

Lote nº 18: cadeiras de rodas.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: DD & AA Medical, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincocentas dezanove mil novecentas trinta e cinco pesetas, IVE incluído (519.935 ptas.), 3.124,87 euros.

Lote nº 19: guindastre de pacientes.

a) Data: 29 de novembro de 1999.

b) Contratista: Arjo Spain, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincocentas noventa mil pesetas, IVE incluído (590.000 ptas.), 3.545,97 euros.

Lote nº 20: moblaxe e aparellos.

Deserto.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos