De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador simplificado 32115/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio (edificio administrativo San Caetano, nº 5, 15704 Santiago de Compostela), no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente: 32115/1999.
Inculpado: Activa Insertec España, S.L.
Enderezo: r/ Capitán Eloy, nº 1, Entlo. D, Ourense.
Sanción e motivo: duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.). Anunciarse en páxinas telefónicas co nome de diferentes marcas de electrodomésticos sen ser servicio oficial de asistencia técnica.
Data da resolución: 13-3-2000.
Ourense, 11 de maio de 2000.
Antonio Aguarón Turrientes
Xefe do Servicio Provincial de Ourense