Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro da estación invernal de Cabeza de Manzaneda, A Pobra de Trives (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 4 de outubro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro da estación invernal de Cabeza de Manzaneda, A Pobra de Trives (Ourense).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental