Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de asesoramento metodolóxico para a elaboración do sistema de cualificacións en Galicia.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 27/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: deseño dunha metodoloxía que defina o modelo que debe adoptar unha cualificación para ser incorporada ó sistema das cualificacións e identifica-las competencias profesionais asociadas a cada unha delas, así coma o asesoramento ó equipo técnico do Instituto Galego das Cualificacións no proceso de elaboración das cualificacións en dous sectores concretos: lousa e construcción naval, para acada-la competencia profesional precisa para determinar e xestiona-lo sistema de cualificacións en Galicia.

b) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 12.500.000 ptas. (75.126,51 euros).

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral das Cualificacións.

b) Domicilio: Ramón Piñeiro nº 9, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: información 981 54 68 40, 981 54 68 50.

e) Telefax: 981 54 68 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requistos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: oito (8) días naturais seguintes ó de publicación dese anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ó seguinte día hábil.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude