Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.754

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 012 (peón e outros) do grupo V (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 8 de marzo de 2000 (DOG nº 54, do 17 de marzo), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 012 (peón e outros) do grupo V (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 23 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo V categoría 012 (peón e outros) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución

no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

Grupo IV: 3.765 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo V. Categoría 012.

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

33.291.187Calviño RodríguezJosé000000,2500,25

35.311.503Caramés MartínezJaime00000000

33.322.187Carreira PérezLuis000000,250,7501

34.990.955Fandiño SánchezJosé Marcos000000,2500,25

34.947.094Fernández SearaLuisa000000,500,5

76.308.434Ferreiro RodríguezMª Luz06,1500000,750,015,76

32.752.191Figueroa RebónFrancisco000000,2500,33

36.106.908Hermo CabarcosAndrés000000,500,5

36.053.032Lorenzo BugarínOlga000000,250,7501

36.156.977Molanes GonzálezFrancisco Javier000000,2500,25

35.292.350Pazos QuiñonesJosé Alfredo00,9000000,9

77.000.936Rigüela VillarPatricia000000,500,5

44.460.570Varela NovoaMaría Esther000000,2500,25