Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.753

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 017 (asistente social) do grupo II (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 8 de marzo de 2000 (DOG nº 54, do 17 de marzo), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 017 (asistente social) do grupo II (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 23 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo II categoría 017 (asistente social) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución

no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

Grupo II: 6.580 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo II. Categoría 017.

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

33.994.205Barreira GoasMaría Xosé00,90,70000,7502,35

52.495.335De la Torre MalvidoMª Eugenia00,6000,600,7501,95

77.592.977Doval CelaAna María6,2000000,7506,95

32.613.553Doval PegoMª Teresa0000000,500,5

45.432.648Fernández FernándezMaría Carmen00000,400,7501,15

76.411.875Fresco TorrenteSonia00000,800,7501,55

36.037.751García LorenzoMaría Elena6,204,50000,75011,45

34.979.999González DomínguezMª Isabel6,60600,600,75012,95

44.453.560Leal FreireBeatríz0000000,7500,75

44.447.973Leal MoralesMarta00000000

34.999.403Novoa GarcíaMaría Reyes00000000

36.124.572Peña GonzálezMaría Gloria0000000,7500,75

76.989.097Pérez AlboresMª Luz6,4000000,7507,15

52.493.323Ruibal LópezYolanda00,75000,400,7501,9

11.966.062Sánchez EstévezMª Dolores0000,10000,1

77.594.684Santos CociñaMaría Elena0000000,7500,75

33.323.930Veiga LópezPablo00000000