Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación dos estatutos da Asociación de Sumilleres de la Provincia de A Coruña, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Sumilleres Gallaecia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación onde se reflicte a modificación estatutaria e os novos estatutos da Asociación de Sumilleres de la Provincia de A Coruña, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Asociación de Sumilleres Gallaecia, cambiando así mesmo o seu ámbito territorial, que pasa a se-lo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a certificación que reflicte a dita modificación estatutaria o secretario, Luis José López Paadín, co visto e prace do presidente da asociación.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais