Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de maio de 2000 pola que se autoriza a transmisión mortis-causa da concesión da batea Sinde número 2.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Sinde nº 2, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

Antecendentes de feito

Primeiro.-Mediante escrito do 20-7-1999, Josefina Ordóñez Alcalde no nome e representación de Josefina Ordóñez Alcalde e Manuel Laíño Varela solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Sinde nº 2.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

Fundamentos xurídicos

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte

RESOLUCIÓN:

Autoriza-la transmisión mortis-causa, a favor de Josefina Ordóñez Alcalde (DNI 35.392.604), José Manuel Laiño Ordóñez (DNI 33.268.906), Juan Laíño Ordónez (DNI 78.784.377), Miguel Ángel Láíño Ordóñez (DNI 33.281.501), e Montserrat Laíño Ordóñez (DNI 76.968.079), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sinde nº 2.

Situación: Caramiñal E, cuadrícula 117.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 14-10-1964 (BOE/DOG nº 261 do 30 de outubro).

Remate vixencia: 30-10-2004.

Antigo titular: Manuel Laíño Varela (DNI 35.390.856) e Josefina Ordóñez Alcalde (DNI 35.392.604).

Novos titulares:

Josefina Ordóñez Alcalde (DNI 35.392.604), 4/8 partes indivisas; José Manuel Laíño Ordóñez (DNI 33.268.906), 1/8 parte indivisa; Juan Laíño Ordóñez (DNI 78.784.377), 1/8 parte indivisa; Miguel Ángel Laíño Ordóñez (DNI 33.281.501), 1/8 parte indivisa; e Montserrat Laíño Ordóñez (DNI 76.968.079), 1/8 parte indivisa.

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de maio de 2000.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120 do 24)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña