Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.694

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 040 (mestre/a especialista en educación infantil ou profesor/a de EXB especialidade preescolar) do grupo II (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 8 de marzo de 2000 (DOG nº 54 do 17 de marzo), pola

que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 040 (mestre/a especialista en educación infantil ou profesor/a de EXB especialidade preescolar) do grupo II (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 18 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo II categoría 040 (mestre/a especialista en educación infantil ou profesor/a

de EXB especialidade preescolar) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

Grupo II: 6.580 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo II. Categoría 040.

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

32.649.398Amado BelloMaría Victoria00000000

53.171.304De Gabriel AlbertiLaura00000000

32.642.992Gómez AneirosPaloma0000000,7500,75

33.269.426Gómez de CastroMª Asunción0000000,7500,75

33.316.396López SomozaMaría Belén000001,50,502

32.631.994Mato LandeiraJosé00000,21,50,750,012,46

33.996.649Méndez SalgadoCándida000,400,400,7501,55

46.905.952Mendoza LópezYolanda00000000

32.434.888Mouriño SoutoRosa María0000000,7500,75

32.666.456Núñez PrietoIvonne0000000

33.259.912Pais GarcíaMaría Soledad0000000,750,781,53

76.410.489Santos GonzálezRosa María000001,50,7502,25

33.289.829Turnes CarroAna María00000000

76.519.424Varela LópezNorma Ángela0000000,7500,75

76.810.541Vázquez CibreiroConcepción0000000,7500,75

32.628.447Vázquez MaceirasMª Ángeles00000,600,7501,35