Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.693

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 016 (conductor/a) do grupo IV (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 8 de marzo de 2000 (DOG nº 54, do 17 de marzo), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 016 (conductor/a) do grupo IV (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 18 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo IV categoría 016 (con

ductor/a) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

Grupo IV: 4.700 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo IV. Categoría 016.

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

76.821.995Baamonde PazJesús Manuel00000,200,7500,95

33.287.501Barreiro BermínJosé Manuel0002,2500,50,7503,5

32.640.913Breijo NieblaJuan Benigno0002,25000,502,75

76.577.430Fernández BermúdezÓscar7,600000,50,7508,85

76.560.930Fernández GarcíaJosé Luis5,410,9500000,75011,15

78.794.833Fernández RivadullaAlberto000000,2500,25

76.818.618Fiuza GarcíaJuan Manuel00000000

33.313.432García NúñezManuel00000000

34.978.355Garrido DapenaManuel0000000,500,5

34.926.627Iglesias CarballoEnrique5,8000000,7506,55

33.222.118Iglesias VilasAurelio5,8000000,506,3

33.310.502López VarelaJuan Manuel0000,30000,3

33.855.312Maciñeiras LageJesús0000000,7500,75

35.319.645Martínez BugalloJosé Manuel000000,50,7501,25

33.318.477Pérez FontalJosé Manuel00000000

33.234.855Porral FerreiroAlfonso00000000

33.222.111Prado RuelRamón00000000

33.317.406Sylla GarcíaIsaac0000000

33.851.189Villar CruzRamón Eugenio000,80000,7501,55