Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.684

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-4-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o día 12-4-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de abril de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta

Na Coruña, ás 12 horas do día 12 de abril de 2000, reúnense: Javier Buján Chamorro, José Brea Brea e Gloria Liñeira Martínez, membros do comité de empresa de El Pote, S.A., asistidos por Miguel Cagigal Fariña, asesor de UGT, en representación dos traballadores da empresa.

E doutra parte, en representación de El Pote, S.A., o letrado Miguel Calderón Acero.

O obxecto da reunión é a actualización das táboas salariais para o ano 1999, en aplicación do artigo 7 do convenio.

Acórdase:

Primeiro.-Elabora-las mencionadas táboas para o ano 1999 incrementando o 2,9% para equiparalas ó IPC.

Segundo.-Aproba-las táboas que se adxuntan para á súa publicación no BOP.

E non habendo outros asuntos a tratar deuse por finalizada a reunión ás 13.30 horas da data arriba indicada.

ANEXO I

Convenio colectivo El Pote, S.A.

Táboas salariais 1999

CategoríasSalarios ano 1999

(pesetas)

Cómputo anual

(pesetas)

Director152.8502.554.363

Xefe de división135.8592.282.510

Xefe de centro ou sucursal118.7482.008.730

Xefe de sección108.0041.836.829

Dependente maior98.8171.689.839

Dependente 25 anos91.5111.572.944

Dependente 22 anos88.8891.530.994

Dependente con menos dun ano na empresa84.8911.467.032

Axudante84.8911.467.032

Oficial 1ª administrativo98.6331.686.892

Oficial 2ª administrativo91.5111.572.944

Auxiliar administrativo86.3881.490.970

Decorador108.0041.836.829

Axudante decoración e publicidade91.5111.572.944

Escaparatista106.9401.819.806

Montador de escaparates91.5111.572.944

Profesional de oficio de 1ª91.5111.572.944

Profesional de oficio de 2ª88.8891.530.944

Mozo86.3881.490.970

Complemento de transporte9.064