Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T. Martín-Broza, no concello de Bóveda. (Expediente 19/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na Avda. de Arteixo 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración

da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e nos capítulos III e IV do regulamentoi de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que durante o prazo de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1. José Vázquez Mariño, que manifesta a existencia dun erro na denominación dos lugares cos que figuran os predios nº 25, 30, 35, 36, 37, 38 e 39 incluídos na relación de bens e dereitos sometida a información pública. Así mesmo, manifesta que a titularidade dos referidos predios nº 30, 35, 36, 37, 38 e 39 lle corresponde á Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Ver-Bóveda que asinou un concerto coa Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no ano 1984 con respecto delas. Por último, José Vázquez Mariño fai constar que o predio nº 8, na relación de bens e dereitos sometida a información pública, ten a consideración de comunal; non obstante, pertence de forma privativa ó alegante, polo que solicita que se emende este erro.

2. Manuel Castro Cadórniga, que solicita documentación necesaria para a plena identificación das propiedades afectadas, a variación do trazado da liña ó seu paso polo predio denominado Prado Grande, por se-lo proxectado moi prexudicial para o interesado. Así mesmo, que grande parte dos predios están repoboados polo que o paso da liña impedirá o aproveitamento productivo, polo que se deberán aboa-los gastos ocasionados.

Considerando que tales alegacións non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1. Con respecto ás alegacións formuladas por José Vázquez Mariño xa que logo das comprobacións oportunas, se rectificaron os erros padecidos tanto na denominación dos lugares como na titularidade dos predios afectados polo proxecto de execución, tal e como consta na relación corrixida de bens e dereitos afectados que se publica como anexo desta resolución. Así mesmo, no caso de que non se chegase a un acordo entre a comunidade veciñal e a empresa Unión Fenosa, en canto á indemnización polo paso da liña, haberá que inicia-lo expediente regulado no artigo 6.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento de execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2. No que se refire ás alegacións formuladas por Manuel Castro Cadórniga, porque a documentación solicitada lle foi facilitada pola empresa promotora da instalación, a modificación do trazado solicitado incumpre o establecdo no artigo 26.1º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, xa que supera en lonxitude o dez por cento da parte da liña afectada pola variación que, segundo o proxecto, transcorre por riba da súa propiedade. Así mesmo, polo que respecta ós prexuízos causados pola imposición da servidume de paso da liña eléctrica, cómpre indicar que a determinación da indemnización que corresponda non é obxecto nesta fase do procedemento, senón que se substanciará nunha fase posterior previa ós trámites establecidos nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa de 1954.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 de Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea Martín-Broza, tramo I, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. Monforte de Lemos-Bóveda e remate no C.T. de Porto, cunha lonxitude de 3,931 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e nº apoios/tipo 27/H e T.

2. Liña de media tensión aérea Martín-Broza, tramo II, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na derivación o C.T. de Porto e remate no enlace coa L.M.T. ó C.T. de Raíña, cunha lonxitude de 3,335 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e nº apoios/tipo 26/H.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia

ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 30 de xuño de 1998, entendendo que os extremos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e se é o caso, logo dos trámites establecidos no artigo 6 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento de execución da Lei 14/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos afectados que se publica como anexo a esta resolución. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consi

deren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 4 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 19/1998Provincia: Lugo

L.M.T. Martín-BrozaTermo municipal: Bóveda

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

7Prado GrandeLabradíoManuel Castro CadórnigaVer, 11

27349 Bóveda

2158580

8Prado GrandeArboredoJosé Vázquez MariñoSan Vicente-Ver, 23

27349 Bóveda

2122352
24GranxaPradoManuel Castro CadórnigaVer, 11

27349 Bóveda

7188880

25SubcortiñasPradoComunidade Veciñal de Montes en Man Común (Rpte.: Julio Rodríguez Carreira)San Vicente-Ver, s/n

27349 Bóveda

7112120

27DevesaMonte baixoManuel Castro CadórnigaVer, 11

27349 Bóveda

60600

28DevesaMonte baixoManuel Castro CadórnigaVer, 11

27349 Bóveda

8264640

29DevesaPiñeiralManuel Castro CadórnigaVer, 11

27349 Bóveda

60960

30LagoaPiñeiralComunidade Veciñal de Montes en Man Común (Rpte.: Julio Rodríguez Carreira)San Vicente-Ver, s/n

27349 Bóveda

30480

35LagoaPiñeiralComunidade Veciñal de Montes en Man Común (Rpte.: Julio Rodríguez Carreira)San Vicente-Ver, s/n

27349 Bóveda

40640

36AmedoPiñeiralComunidade Veciñal de Montes en Man Común (Rpte.: Julio Rodríguez Carreira)San Vicente-Ver, s/n

27349 Bóveda

43

37AmedoPiñeiralComunidade Veciñal de Montes en Man Común (Rpte.: Julio Rodríguez Carreira)San Vicente-Ver, s/n

27349 Bóveda

10240640

38AmedoPiñeiralComunidade Veciñal de Montes en Man Común (Rpte.: Julio Rodríguez Carreira)San Vicente-Ver, s/n

27349 Bóveda

112801280

39AmedoMonte baixoComunidade Veciñal de Montes en Man Común (Rpte.: Julio Rodríguez Carreira)San Vicente-Ver, s/n

27349 Bóveda

1201200

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

40AmedoMonte baixoJuan José Castro VilaVer, 7

27349 Bóveda

12254540

41AmedoMonte baixoManuel Castro CadórnigaVer, 11

27349 Bóveda

13168340

44AmedoPradoJuan José Castro VilaVer, 7

27349 Bóveda

14148480

48AmedoPradoJuan José Castro VilaVer, 7

27349 Bóveda

15134340