Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.624

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (385/1999-3).

Ángel Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber que, en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado nº 385/1999-3, notifícase

lle a Yolanda Álvarez Expósito o auto do 27-4-2000 dictado neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Auto.

A Coruña, 27 de abril de 2000.

Antecedentes de feito.

1. Promoveu estas actuacións -por demais constitutivas de autos nº 385/1999-3, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña-, Yolanda Álvarez Expósito, en calidade de parte recorrente, contra aquela precedente Resolución do 2 de outubro de 1998, dictada polo Ministerio de Interior, que agora consta desde logo referenciada en autos.

2. En calquera caso, esta referida parte recorrente omitiu, ó promover estas actuacións, presenta-la solicitude de designación de avogado e procurador de quenda de oficio polo correspondente trámite de xustiza gratuíta, de forma que se dictou aquel precedente proveído que agora consta nelas, outorgándoselle aquel ulterior e correspondente prazo emendatorio legalmente establecido e baixo expresa advertencia -en caso de persistir aquela referida omisión unha vez excedido este-, de arquivo por caducidade desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa outrora para o efecto promovida.

3. Consta, pois, agora en autos oportuna dilixencia expedida polo titular da secretaría deste xulgado, pola que se acredita o transcurso daquel referido prazo anteriormente aludido sen que aquela parte promovente emendase aquela omisión antes referenciada.

Fundamentos xurídicos.

1. O artigo 52.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, establece que «se a demanda non se presentase dentro do prazo, o Xulgado..., de oficio, declarará por auto a caducidade do recurso. Non obstante, admitirase o escrito de demanda e producirá os seus efectos legais se se presentase dentro do día no que se notifique o auto».

2. Por outra banda, o artigo 78.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo -no que atinxe precisamente a tramitación daquela específica vía procedemental característica do procedemento abreviado, agora aplicable para o efecto-, prescribe que «o recurso se iniciará por demanda, á que se lle achegará o documento ou documentos nos que o demandante funde o seu dereito e aqueles previstos no artigo 45.2º», de igual referida norma legal contencioso-administrativa.

3. En calquera caso, o artigo 78.23º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, establece que «o procedemento abreviado, no non disposto neste capítulo -onde se regula o seu específico trámite procedemental-, se rexerá polas normas xerais da presente lei», de forma que, tendo en conta aquela referida

omisión procesual antes aludida e de que esta tampouco foi emendada ata a data, malia o expreso e emendatorio prazo outrora outorgado para o efecto no que atinxe a xustificación da presentación daquela solicitude de xustiza gratuíta, de conformidade co teor da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta.

Vistos os artigos citados e demais de pertinente e xeral aplicación.

Acórdase declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo outrora promovido pola parte recorrente antes aludida.

Notifíqueselles esta resolución ás correspondentes partes comparecidas e signifíqueselle-lo dereito que as asiste de interpoñeren eventual recurso de apelación no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro».

E para que lle sirva de notificación á recorrente Yolanda Álvarez Expósito, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de maio de 2000.

O secretario

Rubricado