Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto pola Confederación Intersindical Galega.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/387/2000 (protección dos dereitos fundamentais da persoa), interposto pola Confederación Inter

sindical Galega contra a Orde do 17 de abril de 2000, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 77, do 19 de abril), pola que se dictan as normas para garanti-los servicios mínimos esenciais durante o desenvolvemento da folga convocada con carácter indefinido na Central de Coordinación da (Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer na sala, como

demandados, no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos