Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.596

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se adxudican os premios extraordinarios de bacharelato, regulados pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Por Orde do 14 de febreiro de 2000 (DOG do 15 de marzo), convocáronse os premios extraordinarios das modalidades de bacharelato, regulado pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, correspondentes ó curso 1998-1999.

Unha vez realizadas as correspondentes probas establecidas no artigo sexto da citada orde, vista a proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios formulada polo tribunal encargado de avalialas e segundo o artigo 8.2º da mesma orde,

RESOLVÍN:

Primeiro.-Adxudicarlle o premio extraordinario da modalidade de bacharelato regulado pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, correspondente ó curso 1998-1999, á seguinte alumna:

María Carmen Vázquez Lago.

Segundo.-A alumna premiada, de acordo co previsto no punto 2º do artigo 25 da Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, non estará obrigada ó pagamento dos prezos públicos por servicios académicos no primeiro curso dos estudios superiores en centro público.

Terceiro.-Contra a devandita resolución de adxudicación dos premios, que porá fin á vía administrativa, poderase recorrer mediante recurso potestativo de resposición no prazo dun mes ante o director xeral de Centros e Inspección Educativa, ou ser impugnada mediante a interposición do recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data da súa publicación.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

Severino Somozas Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa