Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (21/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 25 de abril de 2000, adoptou o seguinte acordo:

«1. Aproba-la modificación da delimitación do polígono F7.02 -Avda. de Finisterre- no sentido de incluír nel o VG F7.01, co que a superficie total do polígono será de 1.462 m.

2. Aproba-lo cambio de sistema da superficie que no plan xeral se identifica como VG F7.01 de expropiación ó de compensación, polo que se unifica para o polígono F7.02 coa nova delimitación.

3. Someter á información pública os acordos 1 e 2 mediante a publicación nun dos diarios de maior circulación da provincia e no Diario Oficial de Galicia durante o prazo de 20 días.».

O que se publica para xeral coñecemento e, en concreto, para aquelas persoas ás que non se lles poida notificar polas circunstancias que en cada caso se especifique na dilixencia do notificador, realizada de acordo co estipulado no artigo 59 da de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, outorgando para estes efectos un prazo de vinte días, contados desde a publicación deste anuncio, durante os que permanecerá o expediente a exposición pública e poderán formularse as alegacións que consideren convenientes.

A Coruña, 26 de abril de 2000.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo