Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da DirecciónXerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto -plurianual-, para a subministración de cadeiras de rodas eléctricas. (C.P. 41/2000).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, artigo 7, alínea i), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006, A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): cadeiras de rodas eléctricas.

Orzamento total: 91.410.000 ptas., 549.385,17 euros (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 4 lotes:

Lote 1: cadeira electrónica de interior, 31.000.000 de ptas. (186.313,75 euros).

Lote 2: cadeira electrónica exterior/interior, 14.550.000 ptas. (87.447,26 euros).

Lote 3: cadeira electrónica de exterior, 36.900.000 ptas. (221.773,47 euros).

Lote 4: cadeira electr. ext. c/ rodas dianteiras motrices, 8.960.000 ptas. (53.850,68 euros).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministración.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 21 de xuño de 2000.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 28 de xuño de 2000.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo, As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 40%.

Calidade dos materiais: 40%.

Servicio da subministración (repartido): 20%.

-Proxecto de servicio para o hospital: 16%.

-Garantía dos materiais: 2%.

-Prazos de entrega: 2%.

Total: 100%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admite a presentación de variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 25-11-1999.

17. Data de envío do anuncio: 23 de maio de 2000.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 16 de maio de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña