Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-lo seguinte traballo:

-Abastecemento de auga ó concello de Pol. (Pol-Lugo).

Adxudicatario: Espina, Obras Hidráulicas, S.A. e Obras y Viales Bascuas, S.L. (U.T.E.).

Orzamento: 144.541.798 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro, e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia