Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, por tramitación ordinaria, para a contratación da subministración para a actualizacion de PC's nas oficinas de emprego del Servicio Público de Galicia.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 24/00.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración para a actualización de PC's nas oficinas de emprego do Servicio Público de Galicia.

b) Lugar de execución: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

c) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.000.000 de ptas., 72.121,45 e.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: información índole administrativa: 981 54 46 80-54 46 52. Información índole técnica: 981 54 56 51.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica deberán acreditarse por un dos medios que sinalan os artigos 16 e 18, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1995, do 28 de decembro. Así mesmo, deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude