Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.551

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 22 de maio de 2000 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos adecuadamente preparados ós concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servicios de policía local.

Por Orde do 31 de xaneiro de 2000 (DOG nº 28, do 10 de febreiro), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5º.2 da devandita orde

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.02.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000, a cesión en propiedade dun vehículo equipado para uso da policía local ós seguintes concellos: Ames; Camariñas; Fisterra; Porto do Son; Valdoviño; Burela; Friol; A Pobra de Trives; Vilamartín de Valdeorras; O Grove; A Guarda; Moaña; Tui; Vila de Cruces.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso non se poderá inter

poñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais