Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Camporredondo (Baralla-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Camporredondo (Baralla-Lugo), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 101/1996, do 29 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 52, do 13 de marzo), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 19-4-2000, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Camporredondo (Baralla-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no concello de Baralla e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio

de Estructuras Rurais (Ronda da Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 27 de abril de 2000.

Fernandoi López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo

Visto e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo