Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/98-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Pasaxe-Os Castros.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al. -De 1.220 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea que alimenta o C.R. Ponte Pasaxe (expediente 9912) nas inmediacións Colexio Sta. María del Mar e final na liña subterránea que alimenta C.T. residencia, nas inmediacións Residencia Sanitaria Juan Canalejo. -De 920 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea que alimenta C.T. San Rafael e final no cambio aero-subterráneo liña A Grela-Petrolíber (expediente 13674). A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña