Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 25 de abril de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou benporque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01737-O-1999 e PO-02439-O-1999).

Pola presente cédula, notifícanselle ós/as denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV

de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes o da firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE do 14-1-1999).

E para que conste e lle sirva de notificación ós/as denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 25 de abril de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-01737-O-1999

PO-2403-AZ

G.C. de Tráfico.

Mudanzas Miguel Pérez Organero, S.L.

Mejico, 3

36204 Vigo (Pontevedra).

Transportar mobles cun peso de 4.200 kg sendo o seu PMA de 3.500 kg exceso 700 kg un 20%. Servicio público. Ticket nº 1.364 báscula móbil oficial da Xunta de Galicia.

22-7-1999; 8.38.03; N-550; 172.500.

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.25.000 ptas.
PO-02439-O-1999

PO-2500-AC

G.C. de Tráfico.

Xovel Vigo, S.L.

Vista Alegre, s/n

36794 Oia (Pontevedra).

Transportar productos alimenticios, carece de tódolos distintivos do ámbito da tarxeta, servicio privado.

23-9-1999; 17.50.10; C-531; 4.

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30).Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.15.000 ptas.