Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, da obra RC-PO-00.1.

a) Obras.

1. Mellora de acceso a núcleo de poboación e zona deportiva na C-550. Treito. Vigo-A Ramallosa. P.K. 139,650. Nigrán.

Clave: RC-PO-00.1

Orzamento: vintesete millóns cincocentas setenta e catro mil setecentas trinta e seis (27.574.736) pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se precisa.

b) Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia nº 7. Teléfono: 986 80 56 42.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

d) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado, no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, nº 7, ou seren enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; no caso de que ese día cadre en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás 12 horas do día hábil seguinte.

f) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, nº 7 planta terceira, ás 10 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate de presentación de ofertas; no caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 24 de maio de 2000.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra