De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 99/027 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, departamento de Física desta universidade, a favor de Joaquin López Lago, e unha vez acreditado polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983 do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais dispoisicóns que a a desenvolven, resolveu nomear a Joaquín López Lago, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física desta universidade.
A Coruña, 9 de maio de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña