Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso con procedemento aberto, declarado de urxencia, a execución das obras de reforma do edificio do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), en Santiago de Compostela (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Inega.

b) Dependencia que tramita: Departamento de Xestión e Planificación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de reforma do edificio do Inega en Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Prazo de execución: catro (4) meses.

c) Orzamento base de licitación: 34.966.159 ptas. (210.150,830 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Clasificación: categoría D, grupo C, subgrupo 4 e 6, categoría D, grupo I, subgrupo 1 e 6.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Inega.

b) Enderezo: rúa Ourense, 6. A Rosaleda.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 33 85.

b) Enderezo: Copy Estudio, S.L., rúa Nova de Abaixo, 19. Local 2. Santiago de Compostela.

4. Presentacion de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario. Se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que deben presentar: a sinalada no punto 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro. Inega.

2ª Enderezo: rúa Ourense, número 6.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.

d) Admisión de variantes (concurso) : ver prego.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Inega.

b) Enderezo: rúa Orense, número 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia