Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 12 de abril de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores PESAN1/2000/00013-2 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás

persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes sancionadores, por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro) sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Lugo, Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: PESAN1/2000/00013-2.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

Enderezo: r/ Río Tigón, 2, 4º B, Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: PESAN1/2000/00016-2.

Denunciado: Mustapha Massoudi.

Enderezo: Piñeira-Ribadeo (Lugo).

Celeiro-Viveiro, 12 de abril de 2000.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo