Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do Parque Eólico de Álabe-Terral para os efectos de presentación de proxectos de competencia. (Expediente 059-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do Parque Eólico de Álabe-Terral coas seguintes características:

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia. Praza do Ferrol, nº 6, 27001 Lugo.

Situación: concellos de Abadín, Mondoñedo e Alfoz (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(624.397, 4812.543); V(626.000, 4810.750).

V(626.000, 4808.500); V(623.067, 4810.160).

V(622.169, 4811.124); V(622.179, 4811.220).

V(623.349, 4812.532).

Superficie afectada: 889 ha.

Potencia bruta: 27,75 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 5 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo