Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do Parque Eólico de Álabe-Leste para os efectos de presentación de proxectos de competencia. (Expediente 058-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do Parque Eólico de Álabe-Leste coas seguintes características:

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia. Praza do Ferrol, nº 6, 27001 Lugo.

Situación: concellos de Ourol e O Valadouro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(623.850, 4819.200); V(622.450, 4818.600).

V(621.000, 4819.567); V(621.000, 4820.000).

V(619.149, 4820.000); V(619.049, 4819.100).

V(618.800, 4819.100); V(618.800, 4819.600).

V(618.000, 4821.400); V(619.608, 4822.629).

Superficie afectada: 986 ha.

Potencia bruta: 15,75 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 5 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo