Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000 pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a contratación da subministración de pupitres para centros docentes dependentes desta consellería. (Expediente 4/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 4/2000.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de pupitres para centros docentes dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no Polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 30 días ou inferior segundo oferta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 32.320.000 ptas. (210.714,843 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 26 00.

b) Domicilio: r/ Rosalía de Castro, 45, Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

P.D. (Orde 21 de xuño de 1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria