Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.462

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e emprazamento (354/1999).

No proceso de cognición de referencia dictouse resolución do teor literal seguinte:

Proposta de providencia da secretaria xudicial María Begoña Arroyo Martín.

En Santiago de Compostela, dous de novembro de mil novecentos noventa e nove.

Ratificada a demanda e examinada a competencia deste xulgado e a capacidade das partes, admítese esta a trámite, que se realizará de conformidade co preceptuado no Decreto do 21 de novembro de 1952, entendéndose dirixida contra Ana María Sanromán Ruiz, Ana Cristina Rubio Sanromán.

Confíraselles traslado da demanda ós demandantes, emprazándoos, con entrega das copias simples presentadas, para que comparezan e a contesten, se o coidasen oportuno, nun prazo improrrogable de nove días, baixo apercibimento de dar por precluído o trámite de contestación á demanda, seren declarados en rebeldía e recaeren sobre eles os demais prexuízos ós que houber lugar en dereito.

O que así se propón e asina, dou fe.

E para que lle sirva de cédula de notificación e emprazamento á demandada Ana María Sanromán Ruiz, actualmente en paradoiro descoñecido para a parte demandante, estendo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinte de marzo de dous mil.

A secretaria

Rubricado