Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.430

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 128/2000, do 19 de maio, polo que se autoriza a integración da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Ferrol na Universidade da Coruña.

Polo Decreto 416/1990, do 31 de xullo (Diario Oficial de Galicia, do 10 de agosto), creouse a Escola Universitaria de Graduado Social do Campus de Ferrol como centro adscrito á Universidade da Coruña, por transformación do seminario de Estudios Sociais de Ferrol, e autorizouse a implantación dos estudios conducentes á obtención do título de diplomado en graduado social.

Posteriormente, polo Decreto 216/1999, do 15 de xullo (Diario Oficial de Galicia, do 26 de xullo), autorizouse o cambio de denominación da Escola Universitaria de Graduado Social do Campus de Ferrol (adscrita), polo de Escola Universitaria de Relacións Laborais, albergando os estudios xa autorizados e ratificados polo Decreto 247/1992, do 30 de xullo (Diario Oficial de Galicia, do 17 de agosto), conducentes ó título de diplomado en relacións laborais.

Con este decreto dáselle cumprimento á integración da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Ferrol (centro adscrito) na Universidade da Coruña, solicitada por esa universidade, unha vez que ten cumpridos tódolos requisitos previos ó acto formal da autorización da integración por parte da Xunta de Galicia.

De conformidade coa Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, a Lei 5/1987, de 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, o Real Decreto 557/1991, do 12 de abril, sobre creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios e co Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por instancia do Consello Social da Universidade da Coruña, vistos os informes do Consello de Universidades e do Consello Universitario de Galicia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do

Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de maio de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Autorízase a integración da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Ferrol na Universidade da Coruña.

2. A citada escola universitaria seguirá albergando os mesmos estudios que actualmente se imparten nese ámbito, conducentes ó título de diplomado en relacións laborais.

Artigo 2º

1. Os medios persoais da citada escola universitaria que se integrarán na Universidade da Coruña son os relacionados no anexo deste decreto.

2. A Universidade da Coruña encadrará o persoal docente relacionado, preservando o seu réxime xurídico-administrativo, nas categorías de profesorado universitario previstas legalmente.

Disposición adicional

A integración na Universidade da Coruña da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Ferrol non supoñerá incremento da subvención orzamentaria á universidade.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Universidade da Coruña, de acordo cos principios e coas normas de autonomía universitaria e respectando a lexislación vixente, adoptará as disposicións necesarias para o cumprimento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de maio de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Persoal docente:

DNIAPELIDOS E NOMEÁREA DE COÑECEMENTODEDICACIÓN

32.624.061AGULLÓ LEAL, FERNANDOECONOMÍA APLICADAT. PARCIAL

32.638.757ALONSO SEOANE, MARÍA JESÚSORGANIZACIÓN DE EMPRESAST. COMPLETO

32.531.830DOBARRO MONTERO, CIPRIANO A.DEREITO TRABALLO E S.S.T. COMPLETO

2.484.064FRANCO SUANZES, HERMENEGILDODEREITO TRABALLO E S.S.T. PARCIAL

28.509.313GARCÍA LÓPEZ, JAVIER A.ECONOMÍA APLICADAT. PARCIAL

32.646.457GARCÍA NÚÑEZ, MOISÉS A.ORGANIZACIÓN DE EMPRESAST. COMPLETO

32.570.677GARCÍA PARDO, JESÚS MARÍADEREITO TRABALLO E S.S.T. PARCIAL

32.628.849GOMIS RODRÍGUEZ, ALFONSOSOCIOLOXÍAT. COMPLETO

32.626.316LÓPEZ ARRANZ, Mª ASUNCIÓNDEREITO TRABALLO E S.S.T. COMPLETO

32.632.095LÓPEZ COIRA, JOSÉDEREITO TRABALLO E S.S.T. COMPLETO

32.621.971LÓPEZ FERNÁNDEZ, JOSÉ LUISECONOMÍA APLICADAT. COMPLETO

32.566.689MILLOR ARIAS, Mª PILARDEREITO TRABALLO E S.S.T. PARCIAL

32.641.142PATIÑO JUNGUERA, FELIPEDEREITO ADMINISTRATIVOT. PARCIAL

32.389.830ORDUNA VELA, MARGARITA J.A.ECONOMÍA FINANC. E CONTABILIDADET. COMPLETO

76.859.637ROLÓN VARELA, JOSÉ MªSOCIOLOXÍAT. COMPLETO

32.141.053RUBÍN MARTÍN, ANTONIODEREITO TRABALLO E S.S.T. PARCIAL

32.638.858SANTOS PITA, MANUELA DEL P.DEREITO ADMINISTRATIVOT. COMPLETO

ANEXO

Persoal non docente:

DNIAPELIDOS E NOMECATEGORÍA PROFESIONALGRUPO

32.657.376DÍAZ VALERIO, ALMA MªOFICIAL ADMÓN. «A EXTINGUIR»III

32.625.201DÍAZ VALERIO, Mª BEGOÑAADMINISTRADOR CENTRO «A EXTINGUIR»III

32.627.696LÓPEZ RODRÍGUEZ, MANUELAUXILIAR SERVICIOSV

32.660.088RODRÍGUEZ PARRILLA, NICOLÁS F.AUXILIAR TÉCNICO BIBLIOTECAIV

32.652.466VILLAR DOPICO, EMMA MªAUXILIAR TÉCNICO BIBLIOTECAIV

32.646.256ZARAGOZA DOBARRO, FRANCISCO J.CONSERXEIV