Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO.

O Concello de Touro ( A Coruña) anuncia a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da obra denominda Camiño da estrada de penetración -Novefontes (Fao-Novefontes) e outros, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal e de Rede Viaria Local 2000.

1. Proxecto: Camiño da estrada de penetración-Novefontes (Fao-Novefontes) e outros.

2. Orzamento base de licitación: 19.224.158 pesetas (115.539,52 euros).

3. Prazo de execución: 6 meses.

4. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

5. Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Fianza definitiva: 4% do tipo de adxudicación.

7. Presentación das ofertas: 13 días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no DOG e no BOP, das 9 ás 14 horas, no rexistro xeral do concello.

8. Prego de cláusulas administrativas: as aprobadas pola Deputación Provincial da Coruña, publicadas no BOP do 3 de abril de 2000.

9. Apertura de ofertas: segundo día hábil -excluídos sábados- seguinte a aquel no que o remate o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Clasificación: non se esixe.

11. Documentación: a que consta nos pregos (BOP con data do 3 de abril de 2000).

Touro, 4 de maio de 2000.

Ignacio Codesido Barreiro

Alcalde