Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da alcaldía do 15 de maio de 2000, o prego de cláusulas administrativas, para a contratación por concurso en procedemento aberto, de adquisición de predio con nave e terreos adxacentes para servicios múltiples en Laredo-Chapela, exponse ó público polo prazo de 8 días contados a partir do seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no BOP.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: adquisición de predio con nave e terreos adxacentes para servicios múltiples en Laredo, entre Cubillón e Arealonga, na parroquia de Chapela, dunha superficie mínima de 2.000 m e un máximo de 2.800 m.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prezo.

Un prezo máximo de 13.000 ptas./m, non podendo supera-lo importe da compra a cantidade de 32.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 640.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (secretaría xeral).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da data de publicación do anuncio do BOP. Se o último día cadrara en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela (secretaría xeral).

-Domicilio: r/ Alfonso XII, nº 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: r/ Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o seguinte día hábil ó remate do prazo de presentación de ofertas e, en caso de coincidir en sábado, trasladarase ó día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións.

O prego de cláusulas administrativas particulares pode examinarse na secretaría xeral do concello.

Redondela, 19 de maio de 2000.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde