Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

I. Adquisición do equipamento electromédico con destino ó Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras-Ourense.

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-41/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento electromédico.

c) Lote: seis lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 140, do 22 de xullo de 1999 e BOE nº 187, do 6 de agosto de 1999 e DOCE S 143, do 27 de xullo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta e seis millóns setecentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído (69.750.000, pesetas, IVE incluído), 419.205,94 euros.

Lote nº 1: 450.000 ptas. 2.704,55 euros.

Lote nº 2: 6.000.000 de ptas. 36.060,72 euros.

Lote nº 3: 6.000.000 de ptas. 36.060,72 euros.

Lote nº 4: 47.000.000 de ptas. 282.475,69 euros.

Lote nº 5: 7.000.000 de ptas. 42.070,85 euros.

Lote nº 6: 3.300.000 ptas. 19.833,40 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: equipamento seladora de bolsas.

a) Data: 16 de decembro de 1999.

b) Contratista: Johnson & Johnson, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catrocentas trinta e oito mil setecentas pesetas, IVE incluído (438.700 ptas., IVE incluído), 2.636,64 euros.

Lote nº 2: ecógrafo Doppler.

a) Data: 22 de decembro de 1999.

b) Contratista: Clínica y Control, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns de pesetas, IVE incluído (6.000.000 de ptas., IVE incluído), 36.060,72 euros.

Lote nº 3: Equip. reveladoras.

a) Data: 22 de decembro de 1999.

b) Contratista: Agfa Gevaert, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns novecentas noventa mil pesetas, IVE incluído (5.990.000 ptas., IVE incluído), 36.000,63 euros.

Lote nº 4: equipamento Tac elicoidal.

Lote nº 6: Equip. Ortopantomógrafo.

a) Data: 22 de decembro de 1999.

b) Contratista: Picker Imagen España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincuenta millóns trescentas mil pesetas, IVE incluído (50.300.000 ptas., IVE incluído), 302.309,08 euros.

Lote nº 5: Equip. mamógrafo.

a) Data: 22 de decembro de 1999.

b) Contratista: Toshiba Medical Systems, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sete millóns de pesetas, IVE incluído (7.000.000 de ptas., IVE incluído), 42.070,84 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo

de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos