De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles as persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente nº 15-785/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-785/1999.
Inculpado: Francisco Bellón Rico, Muebles Raiz.
Domicilio: San Rosendo nº 54, 15007 A Coruña.
Motivos: deficiente prestación dun servicio.
Data de iniciación: 29-2-2000.
A Coruña, 26 de abril de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña