Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. As Sinas II (concello de Vilanova de Arousa), a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 22/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 26 de xaneiro de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico), fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 6 de xuño

de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no concello de Vilanova de Arousa, sinalados cos números:

Predios: 1-10.

Hora: 10.

Día: 6-6-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles, terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 26 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/22Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. As Sinas IITermo municipal: Vilanova de Arousa

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Agro dos CondesLabradíoPilar Romero Nogueria Fontiña-O Rial-Vilaxoán, 18

36611 Vilagarcía de Arousa

30

2Agro dos CondesLabradíoDomingo Leiro BoullosaA Aduana de Corón, 18

36620 Vilanova de Arousa

24240

4Agro dos CondesMonte altoDescoñecido. Rpte.: fiscal da Audiencia Prov. de Pont.Salvador Moreno, 11, Pontevedra1250500

6SaboiLabradíoCarmen Martínez Aido. Mª de las Mercedes e Mª MontserratVista Real, 26

36620 Vilanova de Arousa

106530

8SaboiLabradíoLuisa Villanueva ÁlvarezPantrigueira-Deiro, 3

36620 Vilanova de Arousa

2180400

9CanelasLabradíoManuel Castrelo VillanuevaO Nogueirido-Bamio, 29

36618 Vilagaríca de Arousa

3-CT374370

10SaboiLabradíoLuisa Castrelo VillanuevaCorvillón-A Veiga, 7

36630 Cambados

3-CT374370