Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. A Baiuca (concello de Meaño), a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 98/1998 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 25 de xaneiro de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico), fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 7 de xuño de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no concello de Meaño, sinalados cos números:

Predios: 14-36.

Hora: 10.

Día: 7-6-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles, terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 26 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/255Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T. A BaiucaTermo municipal: Meaño

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

14GosendeLabradíoVicenta Pomares ZárateAvda. Galicia, 40, 36630 Cambados1580

23A BesadaLabradíoJosefa Pomares Zárater/ Hospital, 42, 36630 Cambados8

24A BesadaLaborFrancisco Piñeiro OubiñaPadrenda, 14, 36968 Meaño38380

27A BesadaLabradíoCarmen Torres GonzálezNoalla-A Revolta, 42, 36960 Sanxenxo20135

27/AA BesadaMonte altoCarmen Torres GonzálezNoalla-A Revolta, 42, 36960 Sanxenxo10100

30A GreleiraViñedoNatalio Figueroa CastroCristimil, 10, 36968 Padrenda-Meaño3280440

36Fonte de PortasViñedoMarisa Barreiro MeisAs Covas, 51, 36968 MeañoC.T.358380