Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 23 de marzo de 2000 pola que se modifica a do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde.

A Lei 53/1999, do 28 de decembro, pola que se modifica a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, introduciu importantes modificacións no réxime contractual das administracións. Estes cambios obrigan a revisa-lo mapa de competencias dos órganos de contratación do Servicio Galego de Saúde.

A necesidade dunha xestión áxil e operativa na tramitación das modificacións orzamentarias e en determinados expedientes de gasto require a intro

ducción de novas delegacións en órganos xestores axeitados.

Por conseguinte, cómpre modifica-la Orde do 21 de abril de 1998 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, o artigo 3.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde e o artigo 72.4º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, e tendo en conta o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

DISPOÑO:

Artigo único

Introdúcense nos artigos e nas alíneas da Orde do 21 de abril de 1998 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, as modificacións que se indican, que se incorporarán a esta orde nos seguintes termos:

Artigo 3º

Engádense dúas novas alíneas d) e e).

«Artigo 3º

d) Proposta e, de se-lo caso, aprobación das modificacións orzamentarias que correspondan ó Servicio Galego de Saúde.

e) Tramitación de expedientes e, de se-lo caso, actuación coma órgano de contratación de gastos correspondentes a centros de diferentes provincias».

Artigo 6º

Dáse unha nova redacción ás alíneas h) e i) e engádense dúas novas alíneas ll) e m).

«Artigo 6º

h) A autorización dos gastos e as propostas de pagamento con cargo ós orzamentos dos seus respectivos centros.

A actuación coma órgano de contratación nos contratos, imputables ós seus respectivos créditos, que se refiren a:

1. Contratos de obras ata un importe de 50.000.000 de ptas. e sempre que a obra non requira informe da oficina de supervisión de proxectos por afecta-la estabilidade, seguridade ou estanquidade.

2. Contratos de consultoría e asistencia e de servicios, ben que, cando a contía exceda de 50.000.000 de ptas. requirirá autorización expresa da División de Recursos Económicos, e se a contía excede de 200.000.000 de ptas. requirirá autorización expresa do presidente do Servicio Galego de Saúde.

3. Contratos de subministracións nas mesmas condicións previstas no parágrafo anterior, agás os contratos de subministracións mediante a modalidade de arrendamento que requirirá autorización expresa da División de Recursos Económicos cando a súa contía exceda de 10.000.000 de ptas. e autorización expresa do presidente do Servicio Galego de Saúde cando a contía excede de 200.000.000 de ptas. Na modalidade de arrendamento con opción de compra computarase a contía prevista da opción para os efectos de determina-los importes referidos neste parágrafo.

Exclúense desta delegación os contratos de subministracións mediante a modalidade de arrendamento financeiro.

i) A formalización de contratos de carácter mancomunado que afecten a centros vinculados ás direccións provinciais imputables a créditos dos respectivos centros nas mesmas condicións respecto ó tipo de contrato e contía previsto na alínea anterior.

ll) A formalización de contratos administrativos especiais trala autorización expresa da División de Recursos Económicos.

m) As contratacións relativas á prestación de asistencia por importe inferior a 2.000.000 de ptas., motivada por supostos de urxencia».

Artigo 7º

Dáse unha nova redacción á alínea i).

«Artigo 7º

i) A autorización dos gastos e as propostas de pagamento con cargo ós orzamentos dos seus respectivos centros.

A actuación como órgano de contratación nos contratos, imputables ós seus respectivos créditos, que se refiren a:

1. Contratos de obras ata un importe de 50.000.000 de ptas e sempre que a obra non requira informe da oficina de supervisión de proxectos por afecta-la estabilidade, seguridade ou estanquidade.

2. Contratos de consultoría e asistencia e de servicios, ben que, cando a contía exceda de 50.000.000 de ptas. requirirá autorización expresa da División de Recursos Económicos, e se a contía excede de 200.000.000 de ptas. requirirá autorización expresa do presidente do Servicio Galego de Saúde.

3. Contratos de subministracións nas mesmas condicións previstas no parágrafo anterior, agás os contratos de subministracións mediante a modalidade de arrendamento que requirirá autorización expresa da División de Recursos Económicos cando a súa contía exceda de 10.000.000 de ptas. e autorización

expresa do presidente do Servicio Galego de Saúde cando a contía excede de 200.000.000 de ptas. Na modalidade de arrendamento con opción de compra computarase a contía prevista da opción para os efectos de determina-los importes referidos neste parágrafo.

Exclúense desta delegación os contratos de subministracións mediante a modalidade de arrendamento financeiro».

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e Presidente do Servicio Galego de Saúde