Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe. (Expediente IN407A 99/2-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de

utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación a Nogueiró.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 545 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 211 da L.M.T. A Serradela-Outeiro ata o C.T. existente de Nogueiró, concello de Salvaterra de Miño.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presenta alegacións o propietario do predio nº 3, dicindo que a titular é a súa dona e que a afección de voo non é de 60 m, senón de 150 m. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, insiste esta en que a afección é de 60 m e 10 ml, pasando a liña polo lindeiro norte do predio. Trasladado este escrito ó afectado, este non contesta no prazo establecido para iso.

Considerando que a alegación do predio 3 fai referencia á superficie afectada pero non se opón a ela e que, de acordo co plano do proxecto, é certo o manifestado pola compañía eléctrica, en canto que a lonxitude en voo é de 10 m.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 13 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra