Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se acorda o sinalamento para a celebración da poxa de bens mobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 29 de setembro de 1999, o alleamento en poxa pública dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola zona de recadación da Coruña como da propiedade do debedor Juan Adolfo Pérez Dieste, NIF 52457660-L, que a continuación se describen:

Lote 1: motocicleta marca Vespa, modelo 220 c., matrícula C-9227-S.

Tipo: 18.900 ptas.

E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 15 de xuño de 2000 ás 10 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, praza de Pontevedra nº 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que este ben se encontra, para o seu exame, depositado en Talleres Mato, Cespón-Boiro, A Coruña.

2. Que está en poder da zona de recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

3. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

4. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

5. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

6. Que se admitirán ofertas en sobre pechado, debendo axustarse ó disposto no número 3º do artigo 147 do Regulamento xeral de recadación.

7. Que se realizará unha segunda licitación cando a mesa, ó remata-la primeira, o xulgue pertinente, así como que se poderá realiza-la súa adxudicación directa cando os bens non fosen adxudicados na poxa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos