Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se acorda o sinalamento para a celebración da poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 29 de setembro de 1998 e 15 de decembro de 1998, o alleamento en poxa pública dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento

pola zona de recadación da Coruña como da propiedade do debedor Maderas Moledo, S.L., NIF B-15153935, que a continuación se describen:

Lote 1: predio a monte denominado Agro Vello, parroquia de Culou. Localidade de Lousame (A Coruña).

Terreo urbano no campo de San Francisco nº 24 de Noia.

Cargas preferentes: 82.081.356 ptas.

Tipo: 4.027.646 ptas.

E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 15 de xuño de 2000 ás 10 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, praza de Pontevedra nº 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que está en poder da zona de recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

2. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

3. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

4. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

5. Que se admitirán ofertas en sobre pechado, debendo axustarse ó disposto no número 3º do artigo 147 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que se realizará unha segunda licitación cando a mesa, ó remata-la primeira, o xulgue pertinente, así como que se poderá realiza-la súa adxudicación directa cando os bens non fosen adxudicados na poxa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos