Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.304

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000 pola que se convocan unhas Xornadas sobre a incidencia do prezo da vivenda libre e a súa repercusión no financiamento das facendas descentralizadas: autonómica e local.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2000 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre a incidencia do prezo da vivenda libre e a súa repercusión no financiamento das facendas descentralizadas autonómica e local, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Con carácter xeral, conecta-los problemas que presenta a valoración de bens inmobles, especialmente a vivenda libre, en relación coa fiscalidade.

Este obxectivo xeral concretarase no estudio destes tres aspectos específicos:

1. Examina-las diferencias existentes entre o valor de mercado, o valor fiscal e o valor catastral e analiza-las distorsións que producen nos consumidores, empresarios e profesionais.

2. Trata-las incidencias que pode te-la nova reforma fiscal na tributación da vivenda.

3. Analizar, para efectos fiscais, o tratamento da vivenda no marco da UE (contía da deducción do IRPF nos gastos inmobles, capital foráneo na vivenda, homologación coa UE das hipotecas españolas, relacións coa contía de pensións...).

Preténdese estudiar, a través destas xornadas, a tributación da vivenda e do sector inmobiliario en xeral no século XXI.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-A facenda autonómica e local cara ó século XXI.

-IRPF e patrimonio.

-Sucesións e doazóns.

-Taxas, contribucións especiais e prezos públicos locais.

-A imposición municipal sobre bens inmobles (IBI).

-Imposto de actividades económicas (IAE) e os impostos municipais potestativos (incremento do valor dos terreos de natureza urbana e imposto sobre construccións, instalacións e obras).

-O endebedamento das facendas subcentrais na Unión Europea.

-O problema da vivenda.

-Información estatística sobre o prezo da vivenda. Estudios de mercado versus metodoloxía do Ministerio de Fomento. Unha nova metodoloxía.

-Proposta dun sistema de taxacións automatizado da vivenda.

-Os problemas da vivenda en España e en Galicia.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos da EGAP, (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela) os días 8 e 9 de xuño de 2000.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 6 de xuño de 2000.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 - 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscricións fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono, o día 7 de xuño, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública